Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.
	
Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí
			
			O Blues Tradicional do Palique chámase así porque efectivamente é un blues, é tradicional e é do Palique. Trátase de amosar como a tradición popular pode viaxar sen demasiado esforzo de Chicago ás Pontes e das Pontes á Chicago, sen que se coñeza moi ben onde acaba o blues e onde comeza a cantiga. Todo é música para bailar e disfrutar. Coma dixo o outro: "O que non é tradición é plaxio". A banda responsable deste blues tradicional chámase Encuarentena. Eles son César Candelas, Victor Meizoso, Pepe Paz, Xan Pérez e Miguel Anxo Varela.		
			Cómo chove miudiño, como se espeta no chan (bis)
Cómo baila a muiñeira a muller do meu irmán.
Toma cego esta limosna e non me tome-la man (bis)
Perdoe, miña señora, pensei que todo era pan
Oliñas veñen, oliñas veñen e van (bis)
Non te vaias, rianxeira, que tes vas a marear
Non te cases co ferreiro que ten moito que lavar (bis)
Cásate co mariñeiro que ven lavado do mar
A muller que é caladiña e non di mal de ninguén (bis)
Canto máis baixiño mira, cantos máis amores ten
Como chove miudiño...		
		
  Estou orgulloso de poder ser o 1º en votar a esta xente!!!
Un saudo, e vémonos!!	
		
  aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa
encantame!!!!!!!!!!!!
é xenial!!
sorte!!	
		
  Catro.Veña !veña! a polo jit. Como chove miudiño,comose espeta no channnnnnn.........	
		
  Eu vin un par de concertos destes rapaces e teñen un directo total de rock´roll. Non dubidedes en poder asistir a unha das súas postas en escea. Chegarán lonxe. Sorte, amigos.	
		
  xa se poden piratear no emule?	
		
  No emule non sei...eu prefiro velos en directo, sempre que se poda!!!
e ademais teño preparado un boliño quente para propoñervos en septembro!	
		
  Non vaia ser o demo e que Cesar pase lista, e non me atope nela.	
		
  Voto por vos, e voto porque fagades un concerto en unha fecha que poida ir eu a velo! A ver si en setembro... Un bico grande.	
		
  Eu son o irmán da muller que baila a muiñeira. E cómo!	
		
  Buah, peazo canción, i en directo soan moi ben. Manda orellas q algúns levan pouqiño tempo tocando os instrumentos, pero está ben.
Oxalá teñan sorte e tal...	
		
  Non sei se daremos atrapado ós de Trapallada pero por min que non quede. Luchy, Suso, xa votei. Biquiños.	
		
  Podes ver o video clip Os dous amigos de Roger de Flor en (www.asmuxicas.com) 	
		
  Xa temos video clip http://www.myspace.com/boyelliott