Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.
	
Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí
			
			Love Forever Brown debuta no mundo da música en A Polo Ghit, e quere demostrar que calquera pode facer música, mesmo sen a axuda de ninguén. No século que vén é unha canción post-apocalíptica. O seu autor cre que pode ser a canción do verán... aínda que non especifica do verán de que ano. "A letra vai do peor futuro posible, unha GZ futura na que xa non hai montes nin ríos e a poboación é toda anciá e só viven do turismo e o narcotráfico". O filme Acción mutante, de Álex de la Iglesia, e a música dos Resentidos foron a inspiración.		
			Galiza, ano 2108
Mirade através dos meus ollos
Os anos de crise ficaron atrás desde q o narcotráfico é legal
Galiza, ano 2109
E xa hai tempo q non chove
Están valeiros os encoros, dos ríos só fican os peixes mortos
Galiza no século q ven
Galiza, a ti q máis che ten?
Galiza, ano 2110
Somos capital mundial da vellez
E os turistas españois son propietarios do 90% do chan urbanizado
Galiza, ano 2111
O lume acabou con case tódolos montes
Pa catro q ficaban, estamos listos, unha praga de koalas devora os eucaliptos
Galiza no século q ven
Galiza, a ti q máis che ten?		
		
  son fan voso!si ho!	
		
  Húi, húi..	
		
  visionarios coño !	
		
  Podes ver o video clip Os dous amigos de Roger de Flor en (www.asmuxicas.com) 	
		
  Apocalipse Galegaaaaaaaaaaa¡¡¡	
		
  Moi grande¡	
		
  Xa temos video clip http://www.myspace.com/boyelliott	
		
  .