 
 
A Xunta Directiva da Federación de Asociacións de Veciños Castelao, que preside o recén electo Ramón Pazos, entrevístase co alcalde de Pontevedra, Juan Luis Pedrosa, a quen presentará oficialmente o seu equipo directivo.
Ramón Pazos accede á presidencia da Federación de Asociacións de Veciños Castelao en substitución de José Antonio Pereira Paz, quen perdeu as eleccións. A organización de grupos de traballo específicos sobre problemas que afectan ó movemento veciñal é unha das actuacións de carácter organizativo que está poñendo en marcha o equipo de Pazos.
	Segundo o plano de traballo disposto pola nova xunta directiva da Federación de Asociacións de Veciños á reunión mensual que se manterá co alcalde de Pontevedra non asistirán sempre os mesmos representantes senón que acudirán á cita co rexidor municipal aqueles membros da xunta directiva que estean a levar adiante proxectos ou problemáticas que a actualidade dos mesmos demanden unha conversa urxente coa Alcaldía.
	Con esta iniciativa os membros da xunta directiva queren evitar que esta institución se convirta nun órgano presidencialista e que as comisións de traballo e a actualidade veciñal marquen a representación deste organismo.
	
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto