 
 
O alcalde de A Coruña, Francisco Vázquez, pensa que o proxecto de cidade cultural de Santiago provocará a ruptura absoluta da convivencia entre os galegos, e que agravia a toda Galicia.
A Xunta pretende construir unha cidade da cultura cunha inversión inicial de 18.000 millóns. Vázquez convocou unha rolda de prensa para presenta-lo pliego de bases que rexirá o concurso de ideas deste proxecto. Francisco Vázquez opina que o plan "é inimaxinable en calquera sociedade democrática, e incluso non democrática", e que "ameaza a estabilidade de Galicia". Segundo el, "a sociedade civil debe responder ó agravio". O proxecto inclúe unha biblioteca, un museo de Galicia, hemeroteca, sonimateca, auditorio, sala multiusos, sala de conferencias, teatro da Opera e museo da comunicación e contará tamén con equipamentos deportivos, lúdicos e naturais. Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago, dixo que as críticas de Vázquez producen "fartura" e son froito da envexa e a frustración. Segundo el mesmo, A Coruña non é a Xibraltar de Galicia.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto