 
 
A factoría de Alúmina-Aluminio de San Ciprián chegou a un acordo cunha empresa lucense, Indebar, para a reciclaxe de lamas vermellas producidas durante o proceso de fabricación do aluminio. Indebar convertirá unha tonelada diaria de lamas en ladrillos acumuladores de calor e outros productos cerámicos para a construcción que se están a investigar.
Este proxecto, asinado xa por representantes de Alcoa (a multinacional americana do aluminio que adquiríu Alúmina ó Estado español hai un ano) e Indebar, suporá un investimento de 340 millóns de pesetas e dará traballo a dez persoas. O financiamento corre por conta de diversas institucións autonómicas, estatáis e científicas.
O proceso de reciclaxe das lamas de Alúmina é a primeira patente rexistrada pola Universidade de Santiago e foi posible gracias ó traballo de investigación levado adiante no Instituto de Cerámica, dependente da Universidade compostelana.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto