 
 
Aproveitando o recente debate estatutario sobre a nación galega, a asociación cultural Fillos de Galicia propón a súa definición. "O pobo galego espallado polo mundo constitúe unha nación non limitada xeográficamente a territorio ningún, nin sequera a Galiza", indican na web creada ao fío desta iniciativa.
 
											A bandeira de Fillos para a "Nación"
 "A Nación Mundial Galega é o conxunto de persoas que compartimos a mesma orixe étnica e o mesmo sentimento de sermos galegos, e que temos o mesmo idioma, o mesmo conxunto de tradicións e a mesma cultura, con independencia de onde naceramos, onde residamos, ou que documentos de identidade teñamos" recolle o manifesto presentado polo colectivo.   
  Na mesma liña, mesmo propoñen un símbolo para identificar a esta "Nación Mundial Galega", unha     bandeira branca cunha dobre banda azul que, segundo explican, "representa a parte da nación que vive en Galiza e a outra, que se cruza e une coa primeira nun único corpo dunha mesma cor, representa aos galegos de fóra de Galiza". Engaden tamén que as beiras negras representan "a dor, o trauma histórico nacional e persoal que deu orixe á nosa dualidade: o feito histórico da Emigración". 
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto