 
As propostas musicais da rede da Consellería de Cultura abranguen rock, pop, jazz e música brasileira, entre outros estilos, nas catro provincias do país.
 
											Portada do disco de Ataque Escampe
O artista brasileiro Renato Spencer e o seu Café Caxaça abre a noite musical do venres. Estará ás nove e media da noite no bar Aturuxo de Bueu. Unha hora despois, o grupo de pop vigués Ectoplasma quedará na súa cidade para actuar na sala Remache.
  O Roberto Somoza Cuarteto estará dende as once no Porriño, no bar Liceum. A esa mesma hora, Bukowski Trío? actúa no Jazz Vides da Coruña e Ataque Escampe chega ao Salasón de Cangas. 
  Ás once e media será a quenda de Sax Machine, que estará na Fragua de Redondela e do rap dos Trasnos de Moscoso na sala Karma de Pontevedra. Quince minutos despois está anunciado o comezo do concerto de The Sweat! na sala Woodstock de Portonovo.
  A partir da medianoite, os Sugar Mountain tocarán no pub Clan, de Xinzo de Limia; na sala Mogay de Chantada ofrecerá a súa actuación Coda, e no Verbum jazz café de Vigo estará a Mr. Dixie Jazz Band. Á unha da madrugada empezan os dos concertos de Melide: Anger no pub Gatos e Telémaco na sala 600.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto