 
Preto de 3.000 subscritores de 40 países gozan deste servizo a través de diferentes formatos de audio.
Libros falados e gravados en soportes dixitais para que as persoas con deficiencias de visión poidan gozar da literatura. É a sinxela en aparencia, pero complexa na práctica, idea que puxeron en marcha hai 8 anos unha parella de cegos de Arxentina. 
A súa empresa, Tiflolibros, converteuse na primeira biblioteca en castelán para cegos e xa conta na actualidade con 19.000 títulos. Segundo os seus creadores, o proxecto naceu cando vinte persoas comezaron a intercambiar por correo electrónico algúns títulos.  
Desde aquel entón, creouse un espazo físico onde os invidentes poden escoitar a través dun ordenador calquera das obras do catálogo. A empresa oferta ademais a posibilidade de enviar os títulos en formato dixital para que poidan ser gozadas mediante diferentes soportes, como reprodutores mp3.
A iniciativa puido desenvolverse grazas á creación do software Tiflolector, creado por un programador cego, a través do cal os textos poden ser dixitalizados sen risco de que logo se realicen copias impresas ilegais. Deste xeito, os textos son accesíbeis só para os que sofren cegueira. 
A biblioteca conta na actualidade coa colaboración de varias editoriais. Estas ceden as obras e incluso as súas versións dixitais antes de que a edición impresa estea nas tendas. Porén, para acceder ao catálogo hai que presentar unha solicitude e un certificado que acredite a discapacidade.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto