 
As cancións mercadas na tenda virtual iTunes só poden ser reproducidas no iPod.
A comisaria de Consumo da Unión Europea, Meglena Kuneva, criticou a empresa estadounidense Apple polo falta de compatibilidade do seu reprodutor iPod con outro software que non sexa o iTunes. 
Segundo informa o semanario alemán Focus, Kuneva non cre que sexa correcto que “unha canción do iTunes só poida escoitarse no iPod” e asegura que “algo debe cambiar”. 
E é que, ademais do impedimento de xestionar o iPod con outro software, os usuarios que mercan cancións na tenda virtual de Apple non poden levar a súa adquisición a un reprodutor doutra compañía. 
Así, os máis de mil millóns de temas vendidos a través do iTunes Store en 2007 só poden ser escoitados no reprodutor da mazá, algo que non gusta en países como Noruega. O país escandinavo pediulle a Apple que liberalice o seu sistema de descargas antes do día 1 de outubro ou que se enfrontará a accións legais. Alemaña, Francia e Finlandia tamén amosaron a súa desconformidade con esta incompatibilidade.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto