 
 
Un informe das Nacións Unidas pide a actuación urxente do Consello de Seguridade para frear os abusos na zona.
"As matanzas de civís seguen sendo habituais, mesmo en ataques a gran escala", denuncia o informe presentado polo Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas e coordinado por Jody Williams, premio Nobel da Paz.   
  O documento indica explicitamente que o goberno sudanés "orquestrou e participou nos crimes de guerra e contra a humanidade" nesta zona. Acusan así ao executivo de estar directamente implicado nas matanzas e de actuar en asasinatos masivos á beira das milicias ianiawid.   
  "As violacións e abusos sexuais son sistemáticos, as torturas seguen e os arrestos e detencións arbitrarias son comúns", relata o estudo, que tamén se queixa da represión sobre a disidencia política e as restricións de todo tipo á actividade política. Ao tempo, advirten de que a situación estase vendo agravada pola redución da axuda humanitaria na zona, debido a que os activistas e colaboradores das organizacións defensoras dos dereitos humanos son branco dos ataques.   
  Foto: David Haberlah
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto