 
Percorrer o continente sen gastar nin un céntimo en carburante é posíbel. Antony Berretti demostrouno coa súa furgoneta Fiat Scudo.
 
											Mapa da viaxe
O escocés de orixe italiana partiu o 24 de abril pasado da cidade francesa de Calais e rematou en Escocia no mes de xuño, despois de bordear Francia, España, Portugal e Italia. No mapa da viaxe de Berretti podemos comprobar que o seu vehículo ecolóxico estivo no noso país entre o 1 e o 2 de maio, aínda que non acadou repercusión pública até que entrou en Portugal. Alí foi recibido por membros do colectivo ecoloxista Quercus.
O emprego de aceite residual como carburante pretende ser unha alternativa ao uso de combustíbeis de orixe fósil. Segundo os promotores da iniciativa, o produto ten unhas características semellantes ao gasóleo, aínda que é máis espeso e precisa dun filtrado especial para evitar danos no vehículo. Ademais, os vehículos hanse de someter a unha adaptación que pode custar dende 700 euros. Pero cada vez máis xente se está a sumar a este movemento
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto