 
A Cámara de Comercio e o Club Financeiro láianse de que a escolla de Badaxoz para sede da Oficina Transfronteiriza da UE será un obstáculo para a Eurorrexión.
A Cámara de Comercio de Vigo lembrou este mércores que en 2006 fixéronse en Vigo máis de 100 mil operacións de compra e venda de produtos e servizos, por valor próximo aos 2 mil millóns de euros.   
  A Cámara subliña esas cifras e critica que a Xunta "non soubo facer valer" o peso económico e social das relacións entre Galiza e Portugal para "convencer" o goberno español da necesidade de que a oficina de cooperación estivese en Vigo, a área fronteiriza que a nivel estatal máis intercambios comerciais realiza con Portugal.   
  Da mesma forma, desde o Club Financieiro reflexionan que a decisión evidencia "unha vez máis" o escaso peso político de Vigo "que optaba con forza a esta sede", e implicas "a perda dunha oportunidade para afianzar as excelentes relacións entre a cidade olívica e o país veciño". Non descartan ademais que a decisión inflúa nas "infraestruturas pendentes", caso da demora do tren Vigo-Porto en beneficio do eixo Lisboa-Estremadura-Madrid.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto