 
Jyrki Jouko Juhani Kasvi é o primeiro representante público en ter parte da súa páxina no idioma creado por Marc Okrand para a serie televisiva e as súas secuelas.
 
											Páxina de Kasvi en klingon
Kasvi é membro da Liga Verde do parlamento finlandés pola circunscrición de Uusimaa. Doutorado en Enxeñaría, meteuse na política porque estaba descontento coa “estupidez dos políticos”, e no ecoloxismo pola súa preocupación acerca do quecemento global.
  Aínda que non explica de onde lle veu o interese pola lingua klingon, o certo é que a súa páxina persoal se pode consultar, ademais de nas dúas linguas oficiais do Estado, o finés e o sueco, en  inglés e no idioma que ideou Marc Okrand.
 
  Creada orixinalmente como vehículo de expresión dos Klingon, unha das razas extraterrestres do universo de Star Trek, a lingua fálana actualmente unhas 7.500 persoas en todo o mundo, e conta co seu instituto da lingua, a súa propia enciclopedia e versión da Wikipedia, a súa tradución do buscador Google,  e mesmo hai unha versión klingon de Deutsche Welle e dalgúns programas de software.
  De todos os xeitos, como se explica na Wikipedia, a lingua klingon non é útil para o seu uso na vida diaria.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto