 
O edificio, situado na rúa Príncipe da Cidade Vella da Coruña, destinarase ao fomento da lingua e albergará unha exposición permanente.
A Fundación Caixa Galicia cederalle o inmóbel á Real Academia Galega por medio da sinatura dun convenio que ligará as dúas institucións a prol da promoción da lingua. Así mesmo, constituirase unha obra benéfico-social na casa en que viviron Rosalía de Castro e Manuel Murguía. 
  A RAG poderá empregar a vivenda do seu fundador para todo tipo de actividades relacionadas co estudo da lingua, ademais dunha exposición permanente. 
  O venres 16 ao mediodía asinarán o acordo o director xeral da caixa, Xosé Luís Méndez, e o presidente da academia, Xosé Ramón Barreiro. Ao remate do acto, Anxo Angueira recitará unha escolma de poemas de Rosalía.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto