 
 
Un petroleiro encaiou fronte a Xibraltar con máis de 40.000 toneladas de fuel nas súas adegas.
Segundo informa Antena 3 Noticias, o buque de bandeira grega Samothraki rozou na madrugada do sábado ao domingo os fondos próximos á Rocha de Xibraltar e escorouse “e modo apreciábel”. Aínda que de momento non se confirmou a presenza de vertidos contaminantes, o petroleiro diríxese cara a augas seguras fronte ao porto de Xibraltar. 
O Samothraki, que presenta tres fendas, estaba a transportar 40.000 toneladas de combustíbel procedentes de Libia e con destino ao Reino Unido. Segundo os informativos da canle estatal, foi construído en 1989 e posúe dobre casco. 
O director executivo de Greenpeace España, Juán López de Uralde, sinalou a Europa Press pouco despois de coñecer a noticia que debido ao “tráfico constante” de petroleiros no estreito, a baía de Alxeciras corre un “gravísimo risco”. López de Uralde esixiu a extracción da “carga e de calquera contido perigoso” que transporte o petroleiro.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto