 
 
Os máis votados, os centristas. Na segunda posición, a dereita supera aos socialdemócratas.
 
											Matti Vanhanen, líder dos centristas e actual primeiro ministro
Finlandia podería camiñar a un novo equilibrio de poder logo dos resultados nas eleccións lexislativas desta fin de semana. A nova suma podería traer un pacto entre centristas e conservadores, fronte ao actual que xunta no goberno a centristas e socialdemócratas.   
  O Partido de Centro, do actual primeiro ministro, Matti Vanhannen, gañou as eleccións aínda que con pequena marxe, un 23,2% dos votos e caendo catro escanos até os 51 deputados sobre o total de 200 do Parlamento finlandés.   
  Atrás del chimpou a conservadora Coalición Nacional, até estes comicios principal forza opositora, e que sae das urnas co 22,2% de apoios e 50 escanos, dez máis que hai catro anos. Os principais derrotados: os socialdemócratas da SPD, socios de goberno dos centristas, que baixan tres puntos perdendo oito escanos, quedan en 45, obtendo o 21,5% dos votos. Máis atrás quedan os ex comunistas da Alianza de Esquerdas, 8,8% e 17 escanos, e os Verdes, 8,4% e 15 deputados.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto