 
Mofa e Befa chegan ao teatro universitario ás seis e media da tarde e Marcel·lí Antúnez a Compostela pola noite.
 
											Marcel·lí Antúnez
O dúo formado por Evaristo Calvo e Vítor Mosqueira, acompañado da música de Piti Sanz, presenta o mércores o seu espectáculo Sempre ao lonxe no campus vigués. A proposta supón unha reflexión sobre a fauna humana e as especies que a compoñen, a convivencia, as relacións sociais e o medo a ser libre das ataduras que nos afectan.
  A presenza de Mofa e Befa é a achega galega á programación cultural do segundo cuadrimestre que organiza a vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes da universidade do sur. 
  Marcel·lí Antúnez
O mesmo día chega á sala Nasa o espectáculo Protomembrana de Marcel·lí Antúnez, artista catalán que foi fundador de La Fura dels Baus e que abandonou o grupo para investigar o mundo da robótica. A performance de Antúnez, que se estrea no país, comezará ás dez como parte do programa Zona Alternativa. Despois proxectarase o filme El dibuixant portugués.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto