 
A web da Deputación biscaíña permite consultar en éuscaro 6.645 expresións e palabras usadas acotío na Unión Europea.
Os equipos técnicos de éuscaro da Deputación Foral de Biscaia, tras catorce anos de traballo, acaban de colgar na súa web 6.645 palabras e expresións que habitualmente se utilizan nos documentos legais de todas as institucións da Unión Europea, traducidas ao idioma do país.
  "Trátase dun paso importante tanto para o prestixio como para a normalización da nosa lingua", declararon dende a institución foral. Ademais, salientaron que con esta nova ferramenta (coa que non contan nin galegos nin cataláns, dentro do Estado) é posíbel atopar en éuscaro documentos redactados orixinalmente noutras linguas europeas. 
O traballo da Deputación biscaíña, recollido no cahamado "Eurovoc", inclúe unha vintena de áreas temáticas, dende a política e as relacións institucionais, até a educación e a agricultura, pasando polos asuntos sociais e a tecnoloxía, entre outras.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto