- Francisco 	Castro presenta o mércores á noite a súa 	obra Spam na taberna café O Patacón, de 	Carballo. O escritor falará do seu libro dentro do proxecto 	Literactúa, 	que promove o Servizo de Normalización Lingüística 	do concello carballés. A parte musical poñerana o 	baixista Álvaro Muras 	e o percusionista Víctor Charly, que ofrecerán un 	repertorio de funk-fusión instrumental. A cita é a 	partir das oito e media do serán.
-  	
 
  A mesma noite, a 
Rede Galega de Música ao Vivo ofrece dúas actuacións. En Compostela, a partir das once menos cuarto, 
Renato Spencer & Café Caxaça tocarán na Borriquita de Belém, en Santiago de Compostela. Ás once, 
Coda tocará en El Ensanche, en Vigo.