 
 
Javier Balza asegura que as Forzas de Seguridade do Estado están a traballar arreo ante a hipótese "moi real" de novos atentados da ETA.
 
											O conselleiro do Interior vasco, Javier Balza
O conselleiro vasco do Interior, Javier Balza, asegurou este xoves que o departamento que dirixe e o seu homónimo español están en "alerta máxima" tras a detención nas pasadas horas de dez presuntos membros da ETA, e ante a hipótese "moi real" de que esta organización "estea a tratar de  reconstruír os seus comandos para actuar".
  Nunha conferencia de prensa no parlamento vasco, o conselleiro considerou que os resultados das operacións policiais que se están a levar a cabo fan pensar que a ETA "non está disposta a dar moitas oportunidades a un proceso real de paz", ou que están a actuar "con dúas barallas".
Máis comandos
  Balza, que mantivo na mañá do xoves unha conversación co ministro do Interior español, Alfredo Pérez Rubalcaba, amosou a súa "absoluta preocupación" pola situación actual, e salientou que cómpre traballar coa posibilidade de que poidan existir máis comandos da ETA.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto