 
Craig Patterson organiza a mostra, que se desenvolverá dentro do Congreso de Hispanistas do Reino Unido e Irlanda.
Moderado por David MacKenzie, do Centro Irlandés de Estudos Galegos da Universidade de Cork, o panel contará coa presenza de importantes persoeiros vinculados coa lingua e cultura galega. 
O mesmo Craig Patterson, director do Centro Escocés de Estudos Galegos da Universidade de Stirling, falará das relacións entre a Xeración Nós e a do 98. Helena Miguélez-Carballeira, directora do Centro Galés de Estudos Galegos da Universidade de Bangor, analizará a escrita de Teresa Moure no contexto da narrativa feminista contemporánea. 
Pola súa parte, Olga Castro Vázquez, da Universidade de Vigo, exporá sobre ‘Linguaxe e xénero: novas vías para a normalización lingüística do galego’. Bernadette O’Rourke da Universidade de Galway, Irlanda,  vai aportar un informe interesante sobre os efectos dos cambios socio-políticos sobre as actitudes e usos lingüísticos no contexto sociolingüístico galego. 
Con este panel, que conta co apoio da Asociación Internacional de Estudos Galegos,  consolídase o labor dos centros galegos de Birmingham, Bangor, Cork, Oxford, Stirling.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto