 
Como adiantamos a semana pasada, o IGAEM pon en marcha unha nova publicación mensual sobre as artes escénicas, dirixida a todos os públicos: Paraíso abre cunha entrevista a Manuel Lourenzo e reportaxes sobre Nut e Sarabela. Pódese descargar dende a web do IGAEM ou nesta mesma noticia.
A revista Paraíso, editada polo Instituto das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), espallará o mundo das artes escénicas entre o gran público dende os espazos da Rede Galega de Teatros e Auditorios, oe dende a rede (dende a propia web do IGAEM e máis dende a da Consellería de Cultura). Ademais da oferta de espectáculos de teatro, música, danza, maxia e monicreques, inclúe reportaxes, entrevistas e artigos en profundidade sobre todos os temas relacionados coa escena galega contemporánea. 
Paraíso súmase ao boletín electrónico E-escena, que se pode conseguir tamén na web do IGAEM, e céntrase na información dirixida a traballadores e traballadoras do sector escénico, con información útil como axudas ou cursos de formación. Paraíso ábrese a todo o público para informar sobre actores e actrices, compañías, novidades...
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto