 
Unha comisión de especialistas nacionais e internacionais traballan xa na obra.
 
											Agostinho Neto, escritor e loitador pola independencia / Foto: casadeangola
O ministro angolano de Cultura, Boaventura Cardoso, anunciou esta semana que a primeira Historia da Literatura daquel país vai estar publicada nun prazo de cinco anos. Cardoso deu a coñecer a nova no segundo plenario da comisión de expertos que se encargarán da súa redacción
A obra abranguerá a tradición oral, as influencias colonias e as diferentes correntes literarias que naceron logo da independencia de Angola en 1975. O director do Instituto Nacional do Livro e do Disco (INALD), António Fonseca, sinalou que, ademais de como manual de consulta, o libro vai ensinar o papel que tivo a literatura autóctona para a concienciación nacional e o posterior proceso independentista no país africano.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto