 
A idea de temas que melloran o acto sexual xurdiu dun par de blogueiros e xa se estendeu por todo tipo de bitácoras.
 
											A convocatoria orixinal
O blogomillo está invadido por un meme musical. Unha boa parte das bitácoras galegas están a reproducir a mesma idea: publicar cinco vídeos de temas que melloran a experiencia sexual ou, dito doutro xeito, de música para foder. 
  A idea xurdiu das mentes de Maríademallou (Casatlántica) e de Gustavo Harvey (Moderno de Merda), que decidiron espallar a proposta, nun primeiro momento, a outros cinco blogueiros: Sergio74 (Retropower), Besbellinha (Beliscos Pequenos), Projecto Mourente (Prosciutto Mourente), W. Sobchak (CCCP) e Rosa Enríquez (Valdeorosa). Agás esta última, todos lle transmitiron o meme, nomeado Mmmmúsicas, a outras outras cinco persoas, e así sucesivamente, avanzando polas redes sociais do país.
  No seu percorrido, a idea foise transformando, non no fondo, pero si na forma, dando lugar a algunhas variantes. Nalgúns casos non se chegan a completar as cinco cancións, noutros non se ofrecen vídeos, senón só as músicas -mesmo descargábeis-, ou as letras,  e mesmo hai quen fixo un podcast de resposta. O meme segue a circular pola rede.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto