 
 
As empresas galegas seguen excedendo en case un 20% a cota asignada.
Se en 2005 as empresas dos diferentes sectores industriais do país superaron nun 18,34% as cantidades que o plan estatal de asignación lles impuxera como límite de emisión de CO2, en 2006 a porcentaxe subiu até o 19,6%.   
 
  A Consellaría de Medio Ambiente fixo públicas este mércores as cifras, ao tempo que recoñecía que malia o descenso nas emisións de CO2, a redución de cota provoca que o exceso se siga producindo. Xa que logo, o sector eléctrico galego emitiu á atmosfera case 800 mil toneladas menos, malia que así e todo pasou das 13,2 toneladas, arredor dun 33% do límite que lle reservara o executivo estatal.   
 
  Desde a Xunta destacan que a central de Sabón minguase a emisión de CO2 no último ano en até un 42,46%, 219 mil toneladas menos. Á beira, as centrais das Pontes e Meirama sumaron tamén recortes de 202 e 374 mil toneladas respectivamente. Aínda que gabou o carácter "dialogante" do empresariado, o director xeral de Desenvolvemento Sostible, Emilio Fernández, recoñeceu ser pesimista e advertiu de que o balance de 2007 volverá ser negativo. Fronte a iso indicou que a Xunta deberá exercer novas "medidas coercitivas en termps de política industrial".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto