 
Bieito Lobeira afirmou que moitas empresas seguen a impoñerlles o uso do castelán aos seus traballadores.
O Parlamento acordou por unanimidade solicitar que os convenios colectivos inclúan unha cláusula de oficio que garanta os dereitos lingüísticos dos traballadores. A medida, que forma parte do Plan Xeral de Normalización, aprobouse a raíz dunha iniciativa do deputado do BNG Bieito Lobeira. 
  Tamén se propuxo elaborar un programa de posíbeis vulneracións dos dereitos lingüísticos no mundo laboral e poñer en marcha un plano de acción contra a discriminación coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística. 
  Coa cláusula preténdese rematar cos casos de discriminación e conflitividade laboral por motivos idiomáticos, que pode levar á perda do posto de traballo. Na súa intervención, Lobeira puxo como exemplos os casos de varios traballadores que estaban obrigados no seu posto de traballo a falar en castelán. De tódolos xeitos, salientou que moitos incidentes non se denuncian e que é hai empresas que adoitan impoñer o español.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto