 
 
Cuba denunciara na ONU a posíbel liberación deste ex axente da CIA responsábel do atentado contra un avión cubano onde causou 73 mortos.
Posada Carriles estaba a piques de saír da cadea, logo de pagar os 350 mil dólares de fianza estabelecidos pola xuíza que leva o caso. Antes de conseguir esa liberdade baixo fianza chegou o dictame do tribunal de apelacións, que rexeitou a decisión da xuíza de Texas.   
 
  Esta mesma semana, a embaixada de Cuba diante das Nacións Unidas enviáralle unha carta ao secretario xeral da ONU, Ban Ki Moon, pedindo que a Asemblea Xeral se pronunciase sobre o caso. "Cuba denuncia a complicidade e absoluta responsabilidade do goberno dos Estados Unidos coa liberación deste individuo responsábel de innumerábeis actos de terrorismo contra Cuba e outros países", argumentaban.   
 
  Alén da súa participación no ataque que lle custou a vida a 73 persoas que viaxaban nun avión cubano, documentos xa desclasificados polo goberno estadounidense probarían que Posada Carriles, que acaba de cumprir 79 anos, participou entre outros en diversas operacións para desestabilizar o goberno sandinista en Nicaragua e estivo implicado en torturas e desaparicións varias durante as ditaduras militares en Suramérica.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto