 
 
Máis de nove millóns de ecuatorianos deciden este domingo se outorgan ou non “plenos poderes” a unha Asemblea Nacional Constituínte para reformar o actual texto.
 
											Rafael Correa
“Aproba vostede que se convoque e instale unha Asemblea Constituinte con plenos poderes, de conformidade co Estatuto Electoral que se adxunta, para que transforme o marco institucional do Estado e elabora unha nova Constitución”. É a pregunta á que os ecuatorianos deben responder “si” ou “non”. 
De gañar o “si” o presidente Rafael Correa vería así como o seu proxecto político recibe un apoio definitivo. Deste xeito, o mandatario tería luz verde para comezar a aplicar unha serie de medidas socialistas co obxectivo de reformar un sistema político e estatal que favoreza aos millóns de ecuatorianos que viven na pobreza. 
Porén, desde a oposición acusan a Correa de tentan “moldear” o país “ao seu xeito”, xa que a Asemblea imperaría sobre os poderes Executivo, Lexislativo e Xudicial. Aínda así, o presidente sinala que esta circunstancia só será aproveitada para corrixir os “defectos substanciais” da Constitución, como “o seu carácter patrimonialista e corporativista”. 
O presidente ecuatoriano xa anunciou a súa intención de dimitir de gañar o “Non”, xa que iso suporía “un rexeitamento ao Goberno”. Neste caso o máis xusto sería marchar “dignamente” porque querería dicir que “os cidadáns elixiron continuar cos mesmos de sempre”.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto