 
Un terzo dos internautas aínda se conecta no traballo malia que os fogares conectados no Estado aumentaron máis dun 13% o último ano.
Os cidadáns do Estado gastaron  2.974 millóns en tecnoloxías da información o ano pasado, segundo un estudio que acaba de presentar Red.es. O 45% destes cartos foron destinados ás facturas da telefonía móbil.
  A investigación, realizada por este ente público-empresarial, debuxa un panorama optimista sobre a evolución de internet en España. Así di que a metade dos internautas están satisfeitos pola relación prezo utilidade da rede.
Cae o uso dos cibercafés
Tamén aporta datos sobre o crecemento do ciberespazo. Red.es asegura que xa hai máis de 5,5 millóns de internautas, o que significa un 13% máis que o ano anterior.
A  investigación destaca que decae o uso de cibercafés, bibliotecas e outros centros públicos para conectarse. Iso si, a porcentaxe de entrevistados que recoñece conectarse no traballo aínda é alta, máis de un de cada tres.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto