 
 
Segundo o dirixente boliviano hai consenso entre os membros da Unión de Nacións Sudamericanas para a súa instauración.
O presidente boliviano, Evo Morales, convidou aos membros da recentemente creada Unión de Nacións Sudamericanas (UNASUR) a adoptar unha moeda única. Segundo informan medios locais,  a proposta contempla que esta divisa se denomine Pacha (terra, en quechua).
  "A proposición nace logo de moitos debates; nós, mirando cara o futuro, propoñemos o nome de Pacha", manifestou Morales o sábado en Cochabamba, durante a inspección dalgúns terreos para a construción da sede do Parlamento sudamericano. 
Ademais, indicou que Venezuela e outros países do bloque tamén teñen unha proposta de nome, mais hai consenso en que toda Sudamérica conte cunha soa moeda. 
  
Banco do Sur 
Neste senso, comentou que o Banco do Sur, impulsado dende Venezuela e outros países da zona, poderíase constituír no equivalente a un Banco Central Sudamericano para regulamentar a economía dos seus integrantes. 
Morales insistiu na idea de que a recuperación dos recursos naturais para o dominio do Estado é o mellor xeito de que as nacións acaden o seu desenvolvemento económico.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto