 
O Complexo Deportivo Rías do Sur acolle o Campionato de España de Natación por Comunidades Autónomas.
 
											Piscina do Complexo Rías do Sur de Pontevedra
A proba, organizada polo Club Natación Galaico-Sercoysa en colaboración coa Fundación Deporte Galego, convoca ás dezanove federacións españolas, que loitarán desde o 29 de abril até o 1 de maio por facerse co prezado título estatal. 
A selección catalá intentará demostrar unha vez máis a súa superioridade e repetir así o triunfo do ano pasado. Os principais rivais dos cataláns nas augas do complexo pontevedrés, aparte da selección galega,  serán os equipos das federacións de Madrid, Andalucía, Valencia e Baleares. 
O campionato disputarase nunha piscina de 25 metros de longo e dez carreiros. Os nadadores participantes agruparanse en dúas categorías, absoluta e júnior.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto