 
Segundo os manifestantes, a corporación incumpriu o seu acordo de impedir a ampliación das instalacións.
Veciños da parroquia de Coruxo interromperon este luns o pleno ordinario que tiña lugar no concello de Vigo. Un grupo de medio cento de persoas lanzou bombas fétidas, exhibiu pancartas e berrou contra todos os políticos, co que a sesión se tivo que trasladar á sala da Xunta de Goberno, onde continuou a porta pechada. 
  Os manifestantes, que levaban máscaras, lembraron o acordo plenario do 27 de xullo do ano pasado, en que todos os grupos decidiron impedir a ampliación da actual depuradora. Os veciños queixáronse de que os membros da corporación non cumprisen ese acordo e se comprometesen a construír unha macrodepuradora en Coruxo, a pesar das molestias que sofren dende hai anos os veciños da zona. 
  O voceiro dos manifestantes, Telmo Varela, explicou que haberá máis actos reivindicativos e mandoulles unha advertencia aos partidos que se acheguen a Coruxo a manter actos electorais. Tamén afirmou que as administracións local e autonómica aínda non se reuniron con eles para negociar o realoxamento dos afectados.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto