 
 
Son maioría nas aulas, pero non nos postos directivos. As mulleres non chegan ao 3% dos postos mellor pagados nos xornais galegos.
O Sindicato de Xornalistas de Galicia denunciou a existencia do “teito de cristal” tamén no sector dos medios de comunicación: as mulleres representan o 60% do persoal de redaccións dos xornais galegos, pero só o 2,9% ocupan os postos directivos, mentres que no chanzo inferior, na categoría de redactores xefes, as mulleres representan só o 21%, malia chegaren ao 30% entre xefes de área, de sección e delegados.
 
 Logo de comprobaren os dezaseis staffs dos xornais galegos e contrastar a situación coa que se dá nas aulas (onde as mulleres son maioría), o SXG afirma que existe unha “evidente discriminación”: o 72% do alumnado da Facultade de Ciencias da Comunicación de Compostela é feminino, no curso 2006-2007, e nas Facultades da Coruña e de Pontevedra a proporción de mulleres achégase tamén ao 70%.
 
 Por outra banda, o sindicato aproveita o 1 de maio para chamar á resolución de problemas como os horarios e contratos abusivos, as prácticas, os baixos salarios ou a regulación dos dereitos de autor.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto