 
 
Suíza é o país de onde máis galegos volveron, cun total de 2.363 retornados.
 
											Do total de emigrantes que decidiron volver a Galiza, un total de 1.586  fixérono desde estados da Unión Europea. Do resto de Europa foron 2.511,  case todos desde Suíza. 
Segundo a estatística de baixas consulares elaborada polo Ministerio de  Traballo e Asuntos Sociais, da outra beira do Atlántico chegaron 1.900  do centro e o sur do continente americano e 267 de norteamérica. O resto  son retornados de África (37), Asia (27), e Oceanía (15). 
Por provincias, un 44% volveron a concellos da Coruña, 2.791; Pontevedra  sumou 2.025 retornados, Ourense un total de 1.191 e Lugo só 336. En 2005  a cifra de retornados quedara en 5.776. Durante os últimos doce meses, a  nivel estatal só en Madrid se censaron máis emigrantes retornados, un  total de 6.943.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto