 
 
Os colectivos que apoian o Comité de Emerxencia da Ría de Ferrol animan a unirse á concentración convocada para as 19h deste venres no peirao ferrolán. As lanchas volverán saír a frear o paso do gaseiro.
"En defensa das nosas vidas e a nosa ría". Con ese lema cóntannos desde a Asociación Cultural Fuco Buxán, un dos colectivos que integran o Comité Cidadán de Emerxencia, da concentración convocada para a tarde deste luns no peirao de Ferrol. Insisten na necesidade de que os veciños se mobilicen para expresar a oposición ao proxecto de Reganosa.    
  
  O obxectivo inmediato é impedir que acceda á ría o gaseiro Galicia Spirit, cargado con milleiros de metros cúbicos de gas licuado. Insisten desde o Comité en que o barco non ten os permisos necesarios e acusan a Reganosa de teimar coa "ilegalidade".  Ao respecto da autorización para o acceso do buque, desde a Consellaría de Industria remiten á Autoridade Portuaria de Ferrol, segundo a cal o buque si tería os permisos para o acceso á planta de gas. A Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol volverá sacar as lanchas á ría contra a noitiña, para impedir que o buque volva tentar o acceso aproveitando a pleamar.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto