 
"A lingua, tamén, foi gardada, colgárona na biblioteca". Con este poema de Sylvia Plath cítanse hoxe as poetas na Bonnemaison.
A mesa anual de poetas organizada polo Centre Dona i Literatura da Universitat de Barcelona xunta este ano a poeta galega Yolanda Castaño coa vasca Miren Agur Meabe e as catalás Gemma Gorga e Montserrat Rodés. O acto estará presentado polos profesores Helena González e Francesco Ardolino. 
  
  Yolanda Castaño tamén participará o mércores 9 no 23 Festival Internacional de Poesia de Barcelona, no Palau de la Música, canda un elenco de poetas procedentes de Catalunya e de València e tamén de África e América. 
  
  8 de maio, 19.30 h 
  Mesa de poetas: "La llengua, també, ha estat desada, l’han penjada a la biblioteca" 
  Participan: Miren Agur Meabe (éuscara), Yolanda Castaño (galego), Gemma Gorga (catalán) e Montserrat Rodés (catalán). 
  Presentación de Helena González i Francesco Ardolino. 
  Centre de Cultura de Dones Francesca Bonnemaison 
  Sant Pere Més Baix, 7 | Barcelona 
  Entrada de balde. 
  
  9 de maio, 21 h 
  Festival Internacional de Poesia de Barcelona 
  Con Tanella Boni (Costa de Ivori), Yolanda Castaño (Galiza), Numa Diakité (Burkina Faso), Àngels Gregori (València), Linton Kwesi Johnson (Jamaica), Ferhat Mehenni (Alxeria), Dolors Miquel (Catalunya), Pere Rovira (Catalunya), Amadou Lamine Sall (Senegal), Francisco Segovia (México) e Jordi Valls (Catalunya). 
  Dirección: Víctor Obiols. 
  Música: Jules Bikoko (Camerún). 
  Entrada: 6 € 
  
  Palau de la Música Catalana 
  Sant Francesc de Paula, 2 | Barcelona 
  Venda de entradas: nos despachos de Palau de la Virreina (10 a 21 h), no Palau de la Música (11 a 20 h) e no  902101212).
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto