 
O premio que organizan a Fundación Caixa Galicia e 'El Progreso' chega á súa vixésimo primeira edición.
Urda e mundo. Un ensaio sobre Rof Carballo, de Carlos Fernández e Anxo Rey Ballesteros, foi a obra gañadora do XXI Premio Literario Ánxel Fole, que organizan a Fundación Caixa Galicia e o xornal El Progreso. 
  O xurado galardoa cada ano un traballo de investigación sobre un intelectual lugués. Desta volta, o traballo de Fernández e Rey Ballesteros está dedicado a Xoán Rof Carballo, senlleiro médico da cidade. 
  O premio Ánxel Fole creouse en 1986 na lembranza do escritor e xornalista, unha das personalidades máis emblemáticas de Lugo, para incentivar o estudo e a análise sobre a intelectualidade da provincia.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto