 
 
Con datos de só a metade do reconto, o primeiro ministro e Nóbel da Paz José Ramos Horta obtén xa o 70% dos votos.
 
											O presidente saínte, Xanana Gusmão
As últimas cifras feitas públicas pola Comisión Electoral danlle a Ramos Horta unha ampla maioría sobre o seu rival nas urnas nesta segunda volta das presidenciais en Timor-Leste. A voceira da comisión, María Sarmento, subliñou que o actual primeiro ministro tira vantaxe sobre Francisco Guterres.   
  
  Inicialmente, os resultados provisionais destas eleccións presidenciais non ían ser coñecidos até o venres, aínda que a Comisión Electoral avanzou a última hora que a axilidade do proceso podería permitir que este mesmo xoves se soubese xa quen é o vencedor.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto