O principal líder talibán, o mulá Dadullah, morreu nun enfrontamento con tropas afgás e da OTAN ao sur do país. Segundo o voceiro do servizo de intelixencia de Afganistán, Said Ansari, Dadullah morreu o sábado na provincia de Helmand, ao sur do país. 
  O corpo foi recuperado logo dunha operación militar conxunta de forzas afgás e occidentais, e foi trasladado á cidade de Kandahar. Un reporteiro da 
BBC confirmou que viu o cadáver de Dadullah. 
  A morte ou captura do líder talibán xa se anunciara previamente en varias ocasións, pero desta vez vese confirmada coa exposición do seu corpo.