 
 
Alemaña, xunto con Portugal e Eslovenia, que asumirán as próximas presidencias de quenda, coordinan os pasos cara á aprobación dun novo tratado.
O roteiro cavila no ano 2009 como probábel data para a entrada en vigo da Euroconstitución e será estudado polo miúdo nunha xuntanza dos líderes durante o próximo mes de xuño. Alemaña, que preside na actualidade a UE, xunto con Portugal e Eslovenia, que terán presidencia de quenda nos semestres consecutivos, coordinan os pasos a dar nese proceso.   
  
  O novo documento deseña un "tratado reducido", que prioriza a atención sobre reformas consideradas chave, como o estabelecemento de presidencias con prazos máis longos, o artellamento de sistemas de votación baseados no tamaño da poboación ou a escolla dun ministro de Exteriores para toda a UE. Ao respecto, o presidente da Comisión Europea, José Manuel Durão Barroso, asegurou que os líderes discutiron o camiño a seguir "con gran detalle".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto