 
 
Dende 1914 até 1962, o país do Pacífico Sur estivo gobernado por Nova Celandia.
 
											Malietoa Tanumafili II
O xefe de Estado da illa de Samoa, Malietoa Tanumafili II, de 94 anos, finou o pasado venres tras manterse á fronte do país dende 1962, ano no que este se independizou de Nova Celandia.   
  
O pobo samoano ten por diante unha semana de loito nacional, decretado polo goberno do arquipélago. Segundo o editor do Samoa Observer, Keni Lesa, "hai un fondo sentimento de tristura na xente, que lle tiña un gran aprecio e era moi respectado". 
  
Malietoa foi unha figura clave no proceso de independencia de Samoa, a primeira illa do Pacífico en conseguila. A constitución samoana estabelece que o seu sucesor será elixido pola Asemblea Lexislativa do país, e ocupará o seu cargo durante cinco anos,   
  
130.000 samoanos en Nova Celandia
Ao redor de 130.000 samoanos ou descendentes destes viven en Nova Celandia, país que arrebatou as illas a Alemaña en 1914, no inicio da I Guerra Mundial. Taito Philip Field, samoano membro do parlamento neocelandés, salientou que Malietoa puxo os alicerces para o desenvolvemento de Samoa como un país moderno. 
A compañía aérea Air New Zealand vai incrementar o número de voos cara Samoa para poder dar servizo á demanda prevista, con motivo do funeral desta semana.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto