O DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN BARCELONA
				Conferencia de Manuel Rivas na Generalitat
				
				
				O escritor será presentado por Josep-Lluís Carod-Rovira e no acto intervirán Julia Otero, Fernán Vello e o Xulio R. Trigo.
				 
				
					Redacción - 22:30 15/05/2007 				
				
					
				
					 	O escritor e xornalista 	Manuel Rivas ofrecerá unha conferencia no Palau de la 	Generalitat de Barcelona con motivo da celebración do Día 	das Letras Galegas, o próximo 17 de maio, presentado polo 	vicepresidente da Generalitat, Josep-Lluís Carod-Rovira, 	coñecedor da lingua e da cultura galega dende que estudou 	literatura galega sendo mozo na Universitat de Barcelona.
Trala conferencia, 	farase unha lectura pública de poemas a cargo do poeta e 	director da editorial Edicións Espiral Maior, Miguel Anxo 	Fernán Bello, a xornalista Julia Otero e o escritor e 	tradutor Xulio R. Trigo, estes dous últimos asentados en 	Catalunya e de orixe galega.
O 	acto terá lugar o 17 de maio no Palau da Generalitat ás 	19.30 horas e forma parte dunha programación cultural máis 	ampla, deseñada pola Federación de Entidades Culturais 	Galegas de Catalunya para conmemorar el Día das Letras 	Galegas. Segundo nos informa a Federación, as persoas 	interesadas en asistir poden poñerse en contacto Centro 	Galego 	de Barcelona.