 
 
Vintecatro partidos disputan os 389 escanos da Asemblea Popular Nacional, nuns comicios que Al Qaeda pediu boicotear.
A ausencia de sondaxes non ofrece prognósticos claros sobre o que poida pasar nas eleccións lexislativas de Alxeria, malia que os analistas consideran que a maioría de votos quedará repartida entre dúas grandes forzas conservadoras, a Fronte de Liberación Nacional, FLN, e a Agrupación Nacional Democrática, RND.   
  
  Durante a fin de semana o grupo chamado Al Qaeda no Magreb Islámico enviou un comunicado á televisión Al Iasira onde lle pedía á poboación que boicotease os comicios e non acudise ás urnas. Nas últimas horas, unha ducia de presuntos membros deste grupo morreron nunha operación militar do exército na provincia de Tebessa.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto