 
A investigación científica a través da supercomputación podería lograr a medio prazo unha "meteoroloxía exacta" ou fármacos precisos para tratar enfermidades como a alopecia ou a diabete
Polo menos así o sostén Isidro Cano, director de supercomputación de HP España, que o luns participou na inauguración en Santiago de Compostela do encontro Ibergrid.
 
 "É moi complicado que o cidadán de a pé entenda as aplicacións destas investigacións", dixo Cano, "pero en menos de dez anos xa teremos medicamentos definitivos para a calvicie e a diabete, e hai mesmo quen non descarta pastillas para os traumatismos".
 
 Nestes momentos, a supercomputación centra os seus esforzos nos campos da xenética e a súa aplicación farmacológica, e no medio ambiente. "Poderíamos chegar a saber exactamente a que hora comezará a chover, ou como evolucionará un incendio ou unha marea negra", afirmou Cano.
 
 O director de supercomputación de HP España adiantou que o próximo inverno comezará a funcionar en Galicia un superordenador co que os investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) pretenden recrear virtualmente o comportamento das rías.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto