 
 
Aínda que non será até o verán cando Medio Ambiente decida se autoriza a invasión do espazo protexido en Mira, o de Economía xa desembolsa as subvencións.
Pescanova quere que en 2008 estea xa rematada a primeira fase de construción deste megaproxecto acuícola. Ao respecto, mesmo avalía que poderá rematar ese exercicio cunha produción de até 7 mil toneladas e que un ano máis tarde ampliará a súa capacidade a uhn máximo de 10 mil, converténdoa  na de maior produción a nivel da Unión Europea.   
  
  A Asociación Portuguesa de Investimentos, API, será escenario este xoves en Lisboa do acto oficial de sinatura do convenio a través do cal a empresa galega amarra as axudas para construír a piscifactoría, un investimento total de 140 millóns de euros. Desde o Ministerio de Economía cualifican de "conquista" o proxecto, ao que consideran un referente mundial no sector.   
  
  Malia todo, permanecen as dúbidas sobre a súa ubicación definitiva. Se ben desde a empresa insisten en que será construído no espazo costeiro protexido de Mira, en plena Rede Natura, o estudo ambiental está aínda en fase pública de alegacións. O informe foi xa aprobado polo Instituto do Ambiente, pero o Ministerio do Ambiente debe aínda pronunciarse sobre a viabilidade. Rematado o prazo de alegacións, espérase a decisión definitiva como moi tarde para o mes de agosto. A propia aprobación preliminar recoñece "pequenas dúbidas" e recomenda esclarecementos sobre a súa influencia na zona costeira protexida que se pretende invadir.
 
						 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto