 
 
Patricia Eirín di que unha ponte sobre o rego Areal que non figura no plano urbanístico ameaza unha parcela da súa propiedade.
Unha veciña de Barro, Patricia Eirín, denuncia a existencia dunha construción municipal ilegal en San Antoniño. A actuación, unha ponte no rego Areal, preto do tanatorio, carece de licitación e de exposición pública e non figura no planeamento urbanístico, segundo asegura a cidadá. 
  Eirín asegura que a obra, que comezou a finais do ano pasado, estase a acelerar nos últimos tempos, coa proximidade das eleccións municipais. Tanto é así que o segundo piar da estrutura completouse en só tres semanas, afirma. 
  A veciña di que a obra, para se completar, ten que pasar por unha finca da súa propiedade na que pensa construír unha vivenda, da que xa dispón de licenza municipal. A afectada afirma que unha parte dos propietarios dos terreos por onde pasa a ponte comparten intereses co alcalde, mentres que outros sufriron ameazas. Ela mesma di que xa a advertiron da posíbel revogación da licenza de obra na súa parcela.   
  Asegura que a obra continuaba a súa marcha a mañá do xoves, e que o único xeito de resolver o caso será levalo aos xulgados. Eirín xa presentou denuncias perante diferentes organismos, entre eles o Seprona, as consellarías de Medio Rural, de Medio Ambiente e de Política Territorial e mais a Policía Autonómica. Segundo a muller, a intervención é un capricho do alcalde de Barro e deputado provincial Xosé Antonio Landín.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto