 
Poemas na memoria recolle fotografías e poemas na nosa lingua da época da Guerra Civil e da ditadura.
 
											Logotipo da Marcha Mundial das Mulleres
A situación de discriminación que viviron as mulleres e os poetas que loitaron pola liberdade durante a Guerra Civil e o franquismo serán os puntos de vista da exposición Poemas pola Memoria. A mostra, organizada pola Marcha Mundial das Mulleres no Arquivo do Reino de Galicia, na Coruña, poderase ver a partir do 1 de xuño e está composta de fotografías e poemas na nosa lingua escritos durante a época de represión. 
  Na presentación da exposición, Hermitas Valencia, voceira da Marcha Mundial das Mulleres,  explicou que a mostra pretende chamar a atención sobre a situación que se viviu durante aquel período e renderlles homenaxe ás persoas que sufriron a marxinación do sistema. Tamén aproveitou para lembrar a situación da muller no Terceiro Mundo e a discriminación que existe aínda hoxe no noso país. 
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto