 
Máis de trescentos veciños e mariscadores concéntranse para apoiar a Bernardo Bastida, baixo un amplo dispositivo policial. O Mourad Didouche chega a Reganosa escoltado por terra, mar e aire.
Finalmente, o buque metaneiro Mourad Didouche conseguiu entrar na ría de Ferrol no serán desta cuarta feira. Pasadas as 17.00 horas dispoñíase a amarrar no porto de Reganosa, namentres que uns trescentos veciños e mariscadores dirixíanse en manifestación cara aos xulgados. 
  A esa mesma hora estaba prevista a comparecencia de Bernardo Bastida, patrón maior da Confraría de Ferrol, perante o xuíz. Un amplo cordón policial impediulles aos manifestantes achegárense até o lugar. Segundo a Radio Galega, houbo un amago de carga dos antidisturbios, e mesmo un cámara da TVE foi empurrado por un dos axentes. 
O grupo de máis de trescentas persoas permanecen concentrados á espera de que ceiben a Bastida.
  
Por terra, mar e aire 
O Mourad Didouche precisou dunha escolta marítima e aérea de tres patrulleiras, dúas lanchas e un helicóptero da Garda Civil para chegar o seu destino. Mentres, en terra, numerosos axentes da Policía impedíanlles aos mariscadores acceder ás súas embarcacións.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto