 
Verónica Codesal, Guadi Galego e Uxía actuarán o mércores 6 na capital belga.
 
											Guadi Galego, Verónica Codesal e Uxía
O mércores 6 reuniranse en Bruxelas tres artistas galegas da man da Consellaría de Cultura. Guadi Galego, Uxía e Verónica Codesal, esta última residente en Bélxica, ofrecerán o espectáculo Ida e volta coa música de Didier Laloy, Pascal Chardome, Cédric Waterschoot e Osvaldo Hernández. 
  O encontro coa cultura do país na capital belga combinará as composicións do trío Ad Cominotto e mais as voces das tres cantantes galegas. Verónica Codesal amosará a súa experiencia nos grupos Ialma e Urban Trad; Uxía demostrará a súa ampla traxectoria que a converteu nunha das voces máis internacionais da música galega, mentres que Guadi Galego achegará a súa arte como voz de Berrogüetto, intérprete de Espido e integrante de Nordestin@s. 
  O espectáculo contará co son do acordeón diatónico de Laloy, a guitarra de Chardome, o baixo de Waterschoot e a percusión de Hernández. O proxecto foi ideado por Muziekpublique coa colaboración da Consellaría de Cultura, e ten vontade de se repetir noutros lugares.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto