 
Nun comunicado publicado polos diarios Gara e Berria a ETA indica que dá por finalizada a tregua argumentando que non existen as "condicións mínimas para un proceso de negociación".
 
Desde as 0 horas deste mércores 6 de xuño a ETA considerará fnalizado "o cesamento de fogo permanente" anunciado hai máis dun ano, en marzo de 2006. No texto enviado a este diario vasco argumentan que o goberon español responden á proposta para deixar as armas con "detencións, torturas e persecucións" e advirte de que deste este mércores actuará "en todas as frontes en defensa de Euskal Herria". 
  
 A ETA refírese ademais ás recentes eleccións municipais, cualificándoas de "antidemocráticas" e laiándose de que "a xustiza española deixou milleiros de cidadáns e o principal activo do proceso, a esquerda abertzale, fóra destes comicios". "A situación que vivimos actualmente en Euskal Herria é unha situación de excepción", sostén o comunicado, "as pasadas eleccións non teñen lexitimidade".
 Máis en Gara.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto